viernes, 11 de noviembre de 2016

Celebramos o MAGOSTO

O venres, 11 de novembro, Día de San MARTIÑO,
fixemos un GRAN MAGOSTO no colexio.
Houbo moito canto e baile!!!,  pero sobre todo houbo unhas ricas castañas asadas.
Foron feitas, ao calor do lume, por Antonio e Enrique. Son moi bos "asadores", por iso o MAGOSTO do noso colexio é o mellor de tódolos magostos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario