domingo, 25 de junio de 2017

III Milla correndo polo galego

O venres, 23 de xuño, último día do curso, todo o colexio trasladámonos ao Pavillón Municipal de O Cembedo para levar a cabo esta actividade tan esperada por todos nós.
 “Non é grande aquel que nunca falla, senon aquel que non se da por vencido”

Participan: ASOCIACIÓN ASPANANE
                  CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS
                  PAIS/NAIS DE ALUMNOS/AS
Colaboran: ANPA DO CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS
                   CONCELLO DE VIVEIRO
Organiza: CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS

Xornada deportiva de integración e valoración social que contou coa participación de atletas divididos en diferentes categorías. 
  • Categoría chupetín (non competitiva): unha volta ao circuito pequeno (180 metros) 
  • Categoría prebenxamín: unha volta e media ao circuito pequeno (270 metros)  
  • Categoría benxamín: unha volta e media ao circuito grande ( 570 metros) 
  • Categoría alevín: dúas voltas e media ao circuito grande (949 metros) 
  • Categoría Absoluta: tres voltas e media ao circuito grande (1.328 metros) 
  • Entrega de medallas e diplomas ao finalizar. 

VÍDEO RESUMEN DAS CARREIRAS E ENTREGA DE MEDALLAS

sábado, 24 de junio de 2017

Actividade Extraescolar: Teatro Escolar dirixido polo mestre Vicente Míguez

Na mañá do xoves 22 de xuño, os nenos e nenas que participaron no Obradoiro de Teatro Escolar dirixido polo mestre Vicente Míguez Salgueiro, puxeron en escea a obra de teatro:

TELEINVASIÓN

A obra fai un repaso polos programas da tele de maior actualidade. Unha visión divertida que alumn@s de 3º, 4º, 5º e 6º representaron en seis actos: Pasapalá, Telexornal de novas vellas, Mira quen cociña, miña madriña, Coleimpiadas 2017, A Revista Xa Vale, Despacito e Vaia trola: Naseiro!
Como vén sendo característica do teatro escolar, dende o curso 1992-1993 que iniciou a súa andaina no noso colexio, as obras reivindican tres aspectos: didáctico, valores humanos e humor.
No mes de setembro estas magníficas actrices e actores escenificarán a obra para os pais na Casa do Forno.
O vindeiro curso continuaremos ensaiando de outubro a xuño e van 25 anos, un cuarto de século con Teatro Escolar no Colexio de Celeiro!

miércoles, 21 de junio de 2017

Tres actividades para ir rematando o curso

Hoxe mércores, 21 de xuño, no comezo do verán,  tivemos tres actividades moi importantes no colexio.
  • Recollida das tapas e tapóns recollidos no centro a través das familias. Moitas grazas pola vosa colaboración.


  • Entrega dos carnnés de CIBEREXPERT@ por parte da Policía Nacional ao alumnado de 6º curso, despois de ter aprobado un programa que lles ensinou os riscos da internet e das RRSS.  Na entrega estiveron presentes a Directora do Centro, Rita Lamas Álvarez; o Inspector Xefe en funcións da Comisaría de Policía de Viveiro, Manuel Borrajo Iglesias; o delegado de Participación Ciudadana da Comisaría de Policía de Viveiro, Pablo Rodríguez González e a Delegada Territorial de Educación da Xunta de Galicia, Mª del Carmen Gueimunde González.
  • Representación da obra de teatro "O fotógrafo Sisebuto fai fotos nun minuto", a cargo do alumnado de 6º curso baixo a dirección do seu titor Antonio Ferreiro. Fixeron unha magnífica actuación. Todos os actores e actrices foron moi profesionais e estiveron moi metidos no seu papel, ademais tiveron un público moi entregado, disfrutando e aplaudindo a magnífica posta en escea. NORABOA A TOD@S.

sábado, 17 de junio de 2017

Actividades de fin de curso organizadas pola ANPA

Xa estamos rematando o curso e por iso as actividades culturais van tomando forza no noso colexio e a ANPA e a organizadora das mesmas.
  • O pasado martes, 13 de xuño, todo o alumnado do colexio tivo a oportunidade de asistir ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro a unha dobre sesión de espectáculo que combinou o teatro, a música e humor.   
Os tres tenedores foron os encargados de poñer en escea os espectáculos: "Cocido Express" e "O pobre Tom".

  •  o venres, 16 de xuño, no colexio poidemos disfrutar dunha sesión de maxia moi especial a cargo do MAGO KIKO CARROLO. Foi todo un éxito pois todo o alumnado e profesorado pasámolo estupendamente co humor e trucos de maxia do mago viveirés KIKO.



Dámoslles as grazas a ANPA pola colaboración co colexio, pola organización de actividades ao logo do curso e en especial por estas dúas actividades culturais que tanto éxito tiveron entre o noso alumnado.

jueves, 15 de junio de 2017

Premiados no Concurso Festa da Merluza

O alumnnado de 6º de Infantil coa súa titora, Maricarmen Lázaro e a alumna de 5º curso, Inés Cachón, acadaron o 1º e 3º premio respectivamente no
https://www.facebook.com/festadamerluzadeceleiro/Este concurso ten como obxectivo facer partícipes da Festa a toda a poboación infantil de Celeiro, do Concello de Viveiro, e por extensión de toda Galicia e España.
O noso centro sempre participa neste concurso acadando premios moi meritorios e así este ano hai que felicitar a todo o alumnado de 6º de Infantil e a súa mestra Maricarmen por ese 1º premio así como a Inés Cachón polo seu 3º premio.  

NORABOA POLO VOSO TRABALLO BEN FEITO!

O traballo ou cartel que presentou o alumnado de 6º curso está basado nunha foto antiga de Celeiro onde se pode observar as casas, a praia, os barcos... e como primeiro plano ás mulleres coas cestas na cabeza cargando o peixe que pescaron os homes no mar. 
É unha homenaxe ao importante rol da muller no mundo do mar.


Cartel de Inés Cachón Oulego, alumna de 5º de Primaria e que levou o 3º Premio do V Concurso Infantil de debuxo festa da merluza do pincho de Celeiro

viernes, 9 de junio de 2017

Actividade de iniciación ao Surf

Na mañá do xoves, 8 de xuño, o alumnado de 5º e 6º curso, xunto co profesorado Eva, Paco, Virginia e a coidadora Esther, tiveron unha xornada de iniciación ao surf coa VIVEIRO SURF ESCOLA, na praia de Esteiro (o Barqueiro).
Esta actividade está enmarcada como complemento das actividades programadas na área de Educación Física, dentro da unidade de Actividades na Natureza.
Foi unha experiencia inolvidable, divertida e moi formativa. Seguro que repetiremos!



martes, 6 de junio de 2017

Excursión fin de curso do alumnado de 1º e 2º de Primaria

O luns, 5 de xuño, os nenos e nenas de 1º e 2º curso, xunto coas súas mestras Maricarmen e Angélica, realizaron a súa viaxe de fin de Curso a Marcelle.
O parque atópase nunha contorna natural, pertence á Reserva da Biosfera Terras do Miño, é un zoo pequeno. Atopamos monos, osos, avestruces, lobos, bisontes, cebras, tartarugas, cabras, etc,


Coñecendo o IES María Sarmiento

O pasado venres, 2 de xuño, o alumnado de 6º curso de Primaria visitou o IES María Sarmiento de Viveiro nunha xornada de portas abertas e convivencia xunto co CEIP do Vicedo e o CEIP Santa Rita de Galdo.
Coñeceron as instalacións, fixeron xogos e compartiron unha pequena merenda...
Xa están preparados para pasar á seguinte etapa. Moita sorte!




lunes, 5 de junio de 2017

Actividade Extraescolar de Pintura

Xa rematou por este curso a Actividade Extraescolar de Pintura impartida pola pintora,
Oliva Díaz Mejuto
Que se fai nesta actividade?
Trabállanse fundamentos básicos do debuxo: observar, comparar, como empezar un debuxo, entrenamento con trazos, superficies con textura, formas, exercicios de contornos continuos... 
Estudamos a paleta cromática e o uso da cor partindo das cores primarias.
Estudamos aos grandes maestros da pintura por medio de libros e contos para logo plamar o aprendido nun debuxo.
Con "El pequeño Dalí y el camino hacia los sueños", descubrimos ao xenio Salvador Dalí e con el o surrealismo.
Con "Los colores del mago", xogamos coa maxia da cor e as mezclas.
Con "Un cuadro de Picasso", estudamos o cadro do Guernica a fondo, exploramos cada parte do cadro e o seu significado; tamén descubrimos ao gran Pablo Picasso e o Cubismo.
Facemos unha visita polo Museo do Prado da man da Princesa Margarita que se escapa de "Las Meninas de Velázquez" para vivir unha aventura con nós.
Ademáis de debuxar, tamén nos queda tempo para xogar a Pasapalabra e practicar todo o aprendido.
Apunte da profesora:
É moi importante fomentar e introducir aos nenos no mundo da arte en edades temperás, que a descubran partindo da súa creatividade e sempre desde o mundo do xogo e o divertimento, nunca como unha actividade imposta, interactuando con outras expresións artísticas: a música, o teatro...



Que ben o pasamos na Festa de Voz Natura!

Pero nos aínda estamos a disfrutar recordando o pasado sábado, 3 de xuño, día da FESTA DE VOZ NATURA, nela poidemos ver a gran exposición de traballos dos diferentes colexios; participar nos diferentes obradoiros que había ao longo do parque Acea de Ama, xogar no parque cos hinchables, en xeral disfrutar do ambiente de coordialidade e gran convivencia dos centros participantes...
Foi un día moi especial! no que tamén hai que felicitar a todo o equipo de VOZ NATURA pola extraordinaria organización e éxito de participación na 20ª edición desta gran xuntanza en pro do coidado do noso medioambiente.
No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo